This jam is now over. It ran from 2022-10-10 16:00:00 to 2022-10-16 16:00:00. View 14 entries

Benvidos á Ghrelo Jam!

Este evento está organizado por AGPI (Asociación Galega de Profesionáis da Ilustración) en colaboración con Videoxogo.gal (Asociación Galega de Videoxogos e Contidos Interactivos.) e Universidade da Coruña. Con el, buscamos reunir á comunidade creativa galega para facer videoxogos. É aberto para calquera persoa galega (ou residente) que teña inquedanza polos videoxogos xa sexa de forma artística ou na programación, no deseño ou na música, e lle quera adicar unha semana para facer un proxecto orixinal. Trátase dunha jam completamente virtual e podes vir só, ou co teu equipo, ou podes facer equipo con outra xente no propio Discord do evento.

Os temas daranse a coñecer na presentación do evento o día 10 de outubro ás 18:00 e dende ese intre haberá unha semana enteira para facer o xogo. Buscamos que sexa unha experiencia calma, como diferencia coas jams máis breves de un ou dous días, para que poidades traballar nos vosos xogos sen morrer no intento. Ademáis, cun prazo dunha semana pódense crear mellores sinerxias e incluso chegar a coñecer a novos compañeiros e compañeiras cos que facer equipo.

Para os que teñan dúbidas sobre se participar chegado este punto... contamos con dous premios en metálico para o mellor xogo en xeral e para a mellor arte, cada un cun valor de 750 €.


POR QUÉ GHRELO?

Qué hai máis do país e que nos axude a transmitir o carácter enxebre do evento? Contamos co socio de AGPI Xosé Geada, que conta con ampla experiencia no sector dos videoxogos e que creou para a jam a este personaxe tan simpático e que recolle á perfección a esencia do evento. Non deixedes de botarlle unha ollada ó seu perfil! 

Esperamos que o pequeno ghrelo creza e se convirta en tremenda nabiza e fagamos un bo caldo galego de videoxogos.

Animámosvos a participar a todos e todas, e esperamos con ansia ver as vosas creacións!


AXENDA: 

  • 10 de outubro ás 18:00 - Presentación do evento na canle de Devuego: Presentación do tema e explicación dos detalles.
  • 16 de outubro ás 18:00 - Final da jam: despois desa hora non se aceptarán subidas nin cambios nos proxectos participantes.
  • 16 a 22 de outubro - Deliberación do xurado e Streamings dos xogos
  • 23 de outubro ás 18:00 - Evento de clausura na canle de Devuego: Anuncio dos xogos gañadores.


CONDICIÓNS E REQUISITOS:

  1. Ser galego ou galega, ou ter en Galiza a residencia habitual.
  2. A jam será totalmente online, utilizando como plataforma de inscrición Itch e o servidor de AGPI en Discord para as comunicacións do evento.
  3. Poderedes utilizar calquera motor de videoxogos.
  4. Os xogos poden estar tanto en galego coma en castelán.
  5. Os xogos deberán ser executables en Windows (standalone) ou en navegador (WebGL).
  6. Non hai tope de participantes por equipo.
  7. Cada persoa só poderá pertencer a un equipo.
  8. Poderá inscribir o xogo na jam unha persoa do equipo, pero será imprescindible que todos figuren nos créditos do xogo e máis na descripción do mesmo, na páxina do xogo en Itch.
  9. Pódense empregar assets reutilizados, ata un 30%, pero no caso do premio a mellor arte, todo o contido visual ten que ser orixinal.
  10. Todos os xogos deben estar subidos na plataforma de Itch antes do fin do prazo estipulado
  11. Establécese un premio para mellor videoxogo e un premio a mellor arte, de 750 € cada un (menos as correspondentes retencións)
  12. Pódese establecer un premio honorífico, a modo de accesit, que non estará dotado de premio en metálico.
  13. Todos os dereitos permanecen na propiedade dos creadores de cada xogo.
  14. Os autores aceptan a difusión dos xogos sen ánimo de lucro ós organizadores (AGPI, Videoxogo.gal e UDC)
  15. O emprego de assets externos deberá ser notificado na descripción do xogo e nos créditos, recoñecendo a autoría dos mesmos.
  16. O xogo será subido á plataforma e entregado por un dos integrantes do proxecto, engadindo na descrición e na autoría (a plataforma permite que se engadan autores a un mesmo proxecto) o resto de compoñentes do equipo.


XURADO:

Miguel Areán. Con máis de 25 anos de experiencia no sector TIC, é vogal de videoxogo.gal e DEV (Asoc. Española de Empresas Productoras y Desarrolladoras de Videojuegos). Socio fundador de Polygon-e estudio. 

Antonio Seoane. Coordinador académico e profesor de deseño do Máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos da Universidade da Coruña.  Máis de 10 anos de experiencia en animación 3D e efectos especiais, deseño de proxectos de realidade virtual e simulación.

Jorge Peral é un ilustrador e artista 2D da Coruña e concept artist en Abylight Studios. Máis de 11 anos traballando no eido da ilustración e seis adicado ó sector do videoxogo, publicando xogos como Drawn to Life: Two Realms, Uniwar ou SuperMash.


CRITERIOS DO XURADO:

  • Arte
  • Orixinalidade no uso do tema
  • Adecuación do uso do tema
  • Mecánicas
  • Funcionamento

NORMAS DE CONDUCTA

  • Buscamos facer un evento ameno no que crear boas sinerxias, os comentarios despectivos ou o uso inapropiado das canles de comunicación ou dos xogos suporá a eliminación do concurso e expulsión de ditas canles.
  • Se deben recoñecer ós autores dos assets, aínda que pagásemos por eles. Se non se recoñece a reutilización de assets preexistentes e se detecta, o equipo en cuestión quedará descalificado.
  • O uso do tema é libre sempre que se respecten os dereitos fundamentáis, evitando discriminacións, humillacións, ou temas que poidan vulnerar a honra doutras persoas.


XOGOS PREMIADOS:

Mellor Videoxogo: MAREA NEGRA

Mellor Arte: CANDA A NEGRA SOMBRA

Mención de honra: APAGÓN LA ALDEA


Contacto da organización:

secretaria.agpi@gmail.com


Submissions(14)

All submissions
·
Windows (13)

No submissions match your filter

O espantallo prende de carallo
Action
Dirixe os faros e guía os barcos para que cheguen ao porto a salvo!
Strategy
Cae a noite, baixa a marea.
Action
Defende a illa fronte aos invasores // Defend the island from the invaders
Strategy
Experto en el uso de la tinta lumínica para enfrentarse a malvados seres de otros mundos, llega... Vagalumancer
Survival
En un oscuro páramo donde monstruos acechan, tu única salvación será la luz... y tus piernas.
Platformer
Marchou a luz en toda a aldea, axuda ós veciños que o necesiten
Adventure
A Xungla do Nadal é un videoxogo ambientado na cidade olívica de Vigo... Vigo... ¡Viva, Vigo me c*go en tal!
Action
Un mago debe buscar en mitad de la noche papel higiénico en su desordenada casa.
Puzzle
Explora el entorno para encontrar una forma de huir.
Adventure
Automated Light Installation Service
Simulation
Exploration and Platforms
Platformer