Ola! moitas grazas por participar na Jam!
Debo dicir que, cando explicaba o tema da Jam, o exemplo que eu poñía como mostra de “superrexionalismo” e metareferencias era a miña veciña e a sua costume de colgar a roupa únicamente cando chove. (Adxunto probas)
Nese caso era un exemplo por unha particularidade do meu entorno que, coa reincidencia, se ha convertido nunha broma interna da casa e nunha curiosidade que contar cando xente ven ao piso. Pero he de dicir que, coa tua peza me has levado pensar, non so sobre vocabulario, senon sobre a miña relación coa roupa.
Eu me criei en monte, e cando facía sol había dous tipos de roupa: Roupa pequena e roupa grande. Esa clasificación viña polo feito de que a pequena colgábase en tendais pregables con varios pisos, co seu deseño traído directamente do inferno, e a grande nunha corda na finca. Eu sempre colgaba a grande.
Era un fermoso ritual, coller o capacho na bañeira, achegalo a lavadora e volcar todas as sábanas, toallas e demais pezas grandes de roupa e levalo ata fora cos meus pequenos braciños. As veces ata tendo que empuxalo polo chan. Recordo que cando veia esas escenas recurrentes dos animes nas que golpeaban a roupa colgada, eu logo o facía sen entender moi ben se iso tiña algún sentido. Ou cando había que poñer unha pedra enriba do pregable para que non o levase o vento.
Agora vivo nun piso non que case non hai espazo pra colgar a roupa e coa humidade da galiza non seca na vida, polo que teño que ir a lavandería a facer a colada. E todo ese proceso que era un tedio, agora o vexo coma unha especie de prvilexio.
Graciñas moitas por a túa poética e os teus símiles e metáforas. E por esta especie de ”encontra a túa propia aventura”. Entre o ter que recurrir ao traductor para entender algunhas cousas maís o non atopar o seguinte anaco de texto, sentíame como cando durmes en casa doutra persoa e cando queres ir ao baño tes que ir tanteando a parede coas mans para atopar a porta ou o interruptor.
Apertiñas! <3
PD: Cuando termine la JAM me gustaría ponerme en contacto con la gente que haya participado para hacer unas cosas post jam, ¿tienes algún correo al que pueda escribirte?