Unha pequena aventura moi ben apañada. Atasqueime un pouco co crebacabezas da luz, pero cando caín na conta, pareceume moi ben solucionado! E a localización ao galego está moi ben! Noraboa!
Que ilusión ler un comentario en galego!
Alégrome de que o atasco se resolvese de forma satisfactoria; cando é así, paga a pena. Que ben que gozases da aventura.
Grazas, Garthof, por xogala e por comentares. Unha aperta!