Skip to main content

Indie game storeFree gamesFun gamesHorror games
Game developmentAssetsComics
SalesBundles
Jobs
TagsGame Engines

Fundación Carlos Casares

7
Posts
1
Topics
5
Followers
14
Following
A member registered Nov 15, 2020 · View creator page →

Recent community posts

Boas!

Magnífico xogo e impresionante traballo! Imos darlle algo de publicidade, e o detalle das receitas é todo un acerto.

Hai un par de detalliños para mellora (sobre todo á hora de botar os ingredientes ao caldeiro, que nos costou un pouco determinar como facelo, logo é sinxelo) e de corrección lingüística.

Tamén detectamos un bug ao volver xogar. Na segunda volta do xogo non se poden seleccionar os ingredientes para botalos ao caldeiro.

Boas tardes!

Xa tedes os resultados da competición. Segundo o xurado, a elección foi difícil, dado que a maioría das propostas tiñan unha calidade artística moi elevada!! Grazas a todos e todas polo voso esforzo e traballos impresionantes! Sinceramente son magníficas achegas para o escaso tempo da competición...

Apertas!

(1 edit)

Boas tardes!

Xa temos o veredito do xurado! Estamos rematando de xerar a noticia. Publicarémolo tanto na páxina da Jam de itch.io como tamén na web das Xornadas e na da Fundación Carlos Casares entre las 17.30  e as 18 horas.

Xenial! Encantaranos xogalo entón cando o resubades! A mecánica e a idea semellan moi interesantes...

Boas noites equipos!!

Agradecémosvos o enorme esforzo creativo para presentar os proxectos á I Game Jam "Videoxogo e Literatura". Nas vindeiras 24 horas o xurado revisará e avaliará os proxectos segundo as características sinaladas más bases e daremos o resultado nun prazo máximo de 48 horas. 

Ata que non se falle o premio non se pode modificar o xogo, pero si a información da páxina do xogo para completar información sobre o mesmo.

Sorte a todos os equipos!!! 

Fundación Carlos Casares

(1 edit)

Vaia, é unha verdadeira mágoa. Para non prexudicar aos que subiron correctamente o xogo non se pode admitir o voso proxecto ao concurso, pero se queredes podedes subilo e crearemos unha colección da I edición do concurso...

Que boa pinta ten!! Xa queda moi pouco, toca apurar ata o derradeiro segundo! Moitos ánimos e sorte aos jammers ^^